Skip to main content
Samos

Desde a comisión de festas de Samos din que eles teñen toda información sobre as festas de San Benito

Por 15 Febreiro, 2024Sin comentarios

Desde o Goberno local desminten que haxa un problema co diñeiro recadado para as festas patronais de San Benito do verán pasado, “xa que o diñeiro aportado polos veciños foi para a comisión de festas, que organizou a iniciativa”, explican.

Dan estas explicacións despois de que un grupo de veciños, liderado pola concelleira popular Marisol, rexistrara un escrito no que pedía aclaración sobre a cantidade recadada na festa.

Así, ademais do Goberno local, desde a comisión de festas, tamén fixeron un escrito no que os tres compoñentes din que “a recadación das festas parroquiais e toda a información correspondente a este tema está no poder da comisión de festas e por isto quedamos a disposición de todos os veciños que necesiten calquera tipo de aclaración”.

Con isto, moitos veciños saíron a defender tanto á comisión de festas como ao Goberno local, xa que critican que estas situacións poidan restarlle valor a iniciativas como a das festas, que non se celebraban hai moitos anos.