Skip to main content
Samos

O Ceip de Samos recibirá axudas do Goberno local para fomentar o deporte

Por 22 Febreiro, 2024Febreiro 23rd, 2024Sin comentarios

O Concello de Samos axudará economicamente ao centro educativo do municipio despois de reunirse con membros da Anpa, aos que lles anunciou estas axudas.

Así, o Ceip de Samos contará cunha achega de 2.000 euros para apoiar o fútbol e o predeporte escolar grazas ao presuposto do Plan Deputación co obxectivo de construír durante todo o ano para “manter as instalacións do colexio así como as actividades para os nenos”, explicou a alcaldesa, Chus López.

Ademais, organizarán actividades como as realizadas ata o momento, como excursións a partidos e talleres levados a cabo polo Nadal.

Tamén se destinarán 2.900 euros ao torneo de fútbol sala e a outras actividades locais, polo que desde a Anpa agradeceron a axuda no ámbito deportivo a nivel escolar e municipal.