Skip to main content
Sarria

Saen convocadas dúas prazas de policía local en Sarria para as persoas interesadas

Veñen de publicarse no Boletín Oficial do Estado as bases que xa saíron no Boletín Oficial da Provincia nº 17, polas cales se regula o acceso das persoas interesadas en postos de traballo no Concello de Sarria.

Así, hai dúas prazas do Corpo de Policía Local, pertencentes á escala de Administración Especial, para que as persoas interesadas poidan presentarse mediante o sistema de concurso, en quenda de mobilidade, polo que deben ser policías funcionarios de carreira de outro Concello.

Os veciños que queiran participar no concurso de méritos entre funcionarios de carreira e optar por estas prazas, poderán facelo nun prazo de 20 días hábiles, xa que o fin do prazo é o 1 de marzo.