Skip to main content
Sarria

O PSOE de Sarria denunciará polo penal os delitos do caso do matadoiro

Por 26 Febreiro, 2024Sin comentarios

Os tres concelleiros do PSOE en Sarria van presentar unha denuncia penal polo caso do matadoiro co fin de investigar se houbo falsidade, prevaricación, fraude ou malversación dos fondos económicos.

Así, Benjamín Escontrela, Diego López e José Manuel López din que toman esta medida debido a que a comisión de investigación sobre o matadoiro non deu resultado ante a falta de resposta das persoas implicadas.

Desta maneira, levando o asunto ao ámbito penal, queren “depurar responsabilidades penais tanto das persoas que se apropiaron dos fondos, como das autoridades que permitiron esta situación”, explican, co fin de recuperar os fondos para o erario público de Sarria.