Skip to main content
Sarria

O PSOE de Sarria pedirá no pleno a creación de dous ciclos de formación máis para a comarca

Por 27 Febreiro, 2024Febreiro 29th, 2024Sin comentarios

Os socialistas sarriaos levan a pleno unha moción para pedir incorporar máis ciclos de formación profesional nos institutos Gregorio Fernández e o Xograr Afonso Gómez.

Desde o PSOE defenden que hai “unha necesidade de especialidades que deben adecuarse ás demandas actuais do alumnado”. Concretamente, avogan por crear un ciclo de hostalaría, xa que existen moitos establecementos relacionados co sector que necesitan profesionais cualificados.

Ademais, tamén cren que sería interesante para a comarca dispoñer dun ciclo da rama sanitaria debido á cantidade de residencias e centros sanitarios que ten a comarca.

Por outra banda, o PSOE de Sarria tamén presentará no pleno unha moción para instar á Xunta de Galicia a implantar un Punto de Encontro Familiar que dea servizo e apoio aos problemas de menores e familiares en situación de crise de toda a comarca.