Skip to main content
Sarria

A ACES organiza unha nova campaña de potenciación do comercio local en Sarria

Por 29 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU Sarria, desenvolverá durante dous días, venres e sábado 1 e 2 de marzo a súa novena edición do Outlet de inverno.

Durante eses días, preto dunha trintena de establecementos de ACES participarán nunha campaña de grandes descontos organizada e promovida polo Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES, en colaboración coa Xunta de Galicia.

O lugar escollido para celebrar esta actividade serán os propios comercios participantes, en horario comercial habitual de mañá e tarde: 123 Escondite Inglés (puericultura), Atmósfera Sport, Barja Shoes, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Colorín Colorado, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Electronova, Isabel Moda, Joyería Salgado, Lar De Menchu, Latas Pinturas Y Hogar, Los Sueños De Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport Sarria, Moncho Moda, Peregrinoteca, Sabrina Moda, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida terán unha zona “Outlet”, con prezos “super-recortados” do excedente da tempada de rebaixas de inverno ou stock existente de tempadas anteriores.

O comercio de Sarria ofrecerá unhas xornadas con moito produto e a moi bó prezo. Os comercios participantes estarán identificados cun distintivo visible nos seus escaparates que incluirá un QR cun mapa onde estarán localizados todos os establecementos.

Esta iniciativa ten como obxectivo principal impulsar e facer promoción do comercio de proximidade nun momento moi complexo para as vendas.