Skip to main content
Begonte

Chega este sábado a Begonte o tradicional concurso de Entroido

Por 16 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Entroido volve a Begonte este ano coa celebración dunha nova edición do Concurso de Disfraces e Comparsas 2024, co que se pretende, segundo explica a organización, “consolidar o Entroido como unha festa de tradición popular”.

A celebración está prevista para este sábado 17 de febreiro ás 16.30 horas cun desfile en Baamonde para o que o prazo de inscrición rematará o mércores 14 de febreiro ás 14.00 horas.

Haberá tres premios para adultos en categoría individual (de entre 100 e 50 euros) e cinco en comparsas (entre 500 e 80 euros) e tres para os disfraces realizados para individuais ou comparsas para veciños de Begonte. Neste caso os premios serán de 80 a 60 euros para o primeiro grupo e de 200 a 100 para o segundo.

Establécese unha categoría de parellas e tríos con premios de 120 a 60 euros e outra de individual infantil (100- a 50 euros), que terán o seu homólogo no grupo de Begonte.

As bases de participación poden consultarse neste enlace.

As inscricións poden facerse presencialmente nas oficinas municipais no Rexistro Xeral do Concello de Begonte cubrindo o Anexo I ou electronicamente en https://begonte.sedelectronica.es/info.