Skip to main content
BegonteVilalba

As chuvias obrigan a cortar o paseo da Madalena e varias estradas por inundacións

Por 26 Febreiro, 2024Sin comentarios

As fortes chuvias da fin de semana causaron a crecida dos ríos en varios puntos da Terra Chá especialmente en Vilalba, onde foi necesario cortar o paso do río Madalena debido á súa inundación. A auga saíuse do curso e anegou as zonas máis baixas do paseo.

Así mesmo, tamén en Vilalba rexistráronse cortes de estrada por estas inundacións, como a estrada entre o Carrizo, en Santaballa, e Codesido, ou a ponte de Meire, na parroquia de Belesar.

Pero non foi Vilalba o único concello afectado, xa que a estrada de Guitiriz a Mariz tamén estaba inundada en diferentes puntos. O río Parga desbordouse tamén en varios puntos.

En Baamonde tamén quedou cortou o paso soterrado da vía do tren pola auga e a presa da Rigueira, nas Pontes, realizou un verquido controlado de auga debido á acumulación de auga. O Eume tamén se desbordou en varios puntos causando inundacións.