Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Abre unha mostra sobre acibeche no Castro de Viladonga

Por 8 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Museo do Castro de Viladonga abre este venres, día 9 de febreiro, ás 17.00 horas, a exposición O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o castro de Viladonga.

A presenza de acibeche en contextos arqueolóxicos pode rastrearse dende o Paleolítico superior, aínda que o seu uso como adorno persoal ou amuleto aumenta considerablemente en época romana, principalmente a partir do século II, manténdose en progresión ata época tardo-antiga. Este incremento do seu interese puido verse beneficiado polo acceso á materia prima unha vez controlado o Cantábrico por Roma, polas facilidades que outorgaba a extensa rede de comercio romana ou mesmo pola súa innegable carga simbólica, xa que dende moi antigo se lle veñen atribuíndo propiedades máxicas, especialmente de carácter apotropaico, o que o facía encaixar á perfección entre as numerosas crenzas e supersticións do mundo galaico-romano