Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O Museo do Castro de Viladonga inicia os obradoiros para escolares

Por 21 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Museo do Castro de Viladonga abriu o prazo de inscrición para a programación de obradoiros para escolares, que dará comezo o día 1 de marzo.

A primeira das iniciativas será un obradoiro de Pallabarro, unha técnica antiga de construción. Está dirixido a alumnos de terceiro a sexto de Primaria. En abril haberá un de fundición, para maiores de 14 anos, e outro de topografía, para estudantes de ESO, ao que se suma outro de tecido para escolares de máis de cinco anos.

En maior e en xuño haberá un taller de lume, no que poderán participar rapaces de Primaria e de ESO. Este último mes haberá tamén unha actividade sobre xoguetes antigos para os máis pequenos.

Todos estes talleres completaranse cunha actividade xa clásica no Museo, o de cerámica castrexa, que se impartirá durante estes tres meses.

As persoas que desexen máis información poden solicitala no teléfono 982 870 160 ou no correo museo.viladonga@xunta.gal.