Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Castro Ribeiras de Lea acolle un proxecto pioneiro de estimulación sensorial

Por 21 Febreiro, 2024Febreiro 22nd, 2024Sin comentarios

Un proxecto pioneiro avalía en Castro Ribeiras de Lea os efectos do exercicio físico con realidade virtual en pacientes con dano cerebral adquirido, desenvolvido polo grupo HealthyFit e promovido pola Cruz Vermella de Lugo que estuda os posibles beneficios.

Nos últimos años, o grupo de investigación HealthyFit, integrado por investigadores das facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Fisioterapia da Universidade de Vigo, analizou os beneficios de programas de exercicio físico levados a cabo con dispositivos de realidade virtual en diferentes colectivos, como poboación anciá ou persoas afectadas por párkinson. Nun proxecto pioneiro, promovido pola Cruz Vermella de Lugo, o grupo buscará agora avaliar os efectos en pacientes con dano cerebral adquirido dun programa de “estimulación mutisensorial, que combina a actividade física e a cognitiva”, como explica José María Cancela, investigador principal do grupo.

Este “estudo piloto” levarase a cabo no Centro de Dano Cerebral da Cruz Vermella en Castro Ribeiras de Lea e nel participarán pacientes que presentan “un conxunto de secuelas en múltiples áreas funcionais, provocadas por lesións cerebrais”, derivadas de ictus, traumatismos cranioencefálicos ou encefalopatías. “O que se quere facer é un programa específico de estimulación multisensorial, no cal realizan exercicio físico e, ao mesmo tempo, teñen que tomar decisións”