Skip to main content
Cospeito

Cambia a directiva de San Martiño de Pino, que prepara un xantar de Entroido

Por 3 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino, en Cospeito, aproveitou a súa última asemblea para realizar un cambio na directiva, na que se incorporaron catro persoas máis.

Inés Lozano segue á fronte do colectivo, con Esther Braña como secretaria e Mari Carmen Méndez como tesoureira. Ademais, súmanse Noa Pena, Sonia Torres, Ana Pena e Ana Castro.

Durante a asemblea presentáronse as actividades do curso, que engloban, entre outras a convocatoria do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, o Magosto ou o Lume Novo. Este ano volverán facer un esforzo na biblioteca rural, na que aínda teñen sen colocar varios libros que foron doados para o que necesitan estanterías.

Para iniciar esta nova etapa xa anunciaron unha das primeiras actividades que van levar a cabo, en colaboración coa Asociación Cruceiro San Pedro de Seixas. Trátase dunha comida de Entroido que se celebrará o sábado 24 de febreiro na Casa Cándida, no Viveiró de Muras.

Para participar na comida de entroido hai que anotarase antes do 15 de febreiro con calquera das persoas que conforman a directiva (as prazas son limitadas). O prezo da sesión será 30 euros para socios e 40 para os non socios.