Skip to main content
Cospeito

Comeza en Cospeito un taller de memoria con sesións en Muimenta e Feira do Monte

Por 5 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Cospeito inicia un taller de memoria e saúde dirixidos ás persoas maiores do concello, programados dende o mes de febreiro ata xullo.

Estes terán lugar os luns, de 16:30 a 18:30 horas na casa da cultura de Muimenta e darán comezo o 12 de febreiro. Tamén haberá os mércores de 16:30 a 18:30 horas na casa da cultura de Feira do Monte. A data de inicio neste caso é o 14 de febreiro.

Durante este talleres traballarase na estimulación da memoria, o desenvolvemento emocional, a relaxación e a psicomotricidade e o uso de novas tecnoloxías, como o uso de móbiles e WhatsApp. Contarán tamén un apartado de animación á lectura.