Skip to main content
Cospeito

Organizan en Muimenta unha xornada de risoterapia para coidadores

Por 12 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño organiza unha xornada de risoterapia para coidades que se impartirá o venres 23 de febreiro de 16.00 a 19.00 horas no local social do centro médico de Muimenta.

As inscricións son de balde e deben facerse na Mercería Teresa.

O curso estará a cargo de Afalu Alzheimer e ten como obxectivo aprender a xestionar e canalizar as emocións, conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade e lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital: enfermidade, dó, etc.

No programa inclúese a risoterapia e o benestar para falar de beneficios físicos e psicolóxicos e as dinámicas e técnicas para a realización de diferentes xogos e actividades. Rematarán cunha sesión de relax, con dinámicas de distensión, técnicas de relaxación consciente e relaxación guiada con visualización.