Skip to main content
Cospeito

A asociación A Lagoa convoca unha xornada de carreiras de andadura

Por 18 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación equina de recente creación A Lagoa convocou par o día 2 de marzo, a primeira edición das Carreiras de Andadura en estilo libre, que se celebrarán en Muimenta.

A sesión dará comezo ás 9.30 horas coas medicións para os cabalos de menos de 1,51 metros, e ás 11.00 empezarán as carreiras. A seguinte cita da xornada será ás 15.30 horas, co inicio das carreiras sub-16, ás que seguirán as carreiras para cabalos de máis de 1,51.

Haberá premios económicos para os catro primeiros clasificados en cada categoría, de 120, 100, 70 e 30 euros, ademais de agasallos para os quintos e para os da sub-16.

O prazo para inscribirse remata o 28 de febreiro e esta debe facerse con Richard (697 697 395) e Alejandro (634 122 036).