Skip to main content
Cospeito

Muimenta terá festa de Entroido para os pequenos con cocido e concurso

Por 9 Febreiro, 2024Sin comentarios

A ANPA A Granda de Muimenta organiza unha festa de Entroido para o martes 13 de febreiro na praza Maior.

A xornada dará comezo ás 14 horas e contará con música en directo e aninación. Haberá primeiro un xantar baseado en cocido no que haberá sopa de cocido, lacón, costela, falda, cabeza, botelo, chourizo, patacas, garavanzos e verdura, ademais de sobemesa, viño, cervexa, auga e refrescos. Rematarase cun chupito.

Pola tarde está previsto o concurso de disfraces, cun premio por categoría. En nenos, serán 20 euros para individual, 50 para parella e 100 para comparsa. Haberá tamén xogos e piñatas e sorteo de lotes.

As persoas que desexen asistir poderán inscribirse na mercería Teresa sendo hoxe, 9 de febreiro, o último día. O prezo do menú será de 27 euros adultos e 14 nenos de ata 10 anos. Para os máis pequenos será gratuíto.