Skip to main content
Cospeito

A comisión da Moexmu pon un bus para asistir á entrega do premio Aresa

Por 20 Febreiro, 2024Sin comentarios

A comisión da Moexmu 2024 pon a disposición de toda a xente que queira acudir o vindeiro venres 1 de marzo á entrega do premio Aresa, un bus, co obxectivo de que se anime a asistir o maior número de xente posible.

O bus sairá o venres 1 de marzo, ás 18:15 horas da estación (Autocares Darriba). O acto está previsto ás 20:00 horas na Facultade de Veterinaria e despois haberá uns pinchos.

As persoas que desexen asistir poderán apuntarse en Mercería Teresa, aínda se vaian noutro medio de transporte xa que a entrada ao salón é libre polo que poden ir por conta propia igualmente.