Skip to main content
Cospeito

San Martiño de Pino entrega os premios de Caligramas e festexa a Rosalía

Por 22 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación de San Martiño de Pino celebrará este venres o Día de Rosalía cunha serie de actos que contemplan unha serie de actos entre os que figura a entrega de premios do Certame de Caligramas Constanza de Castro.

Recibirán o seu agasallo a escritora Patricia Torrado, gañadora da convocatoria actual, e Laura Sánchez, que logrou o segundo premio.

A sesión terá lugar ás 19.00 horas na biblioteca rural de Pino e contará coa presenza de Martiño Maseda e a gañadora do evento, que tamén farán unha lectura de poemas de Rosalía.

Así mesmo, está prevista a actuación dos alumnos de frauta do Concello, que tamén teñen preparada unha peza dedicada a Rosalía de Castro.