Skip to main content
Cospeito

O Concello de Cospeito licita os postos ambulantes de comida en Muimenta

Por 26 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Cospeito saca a concurso un procedemento de licitación aos efectos de obter autorización para colocar postos de venda ambulante de alimentos e bebidas, tipo food truck/furgoneta nas inmediacións da Discoteca de Muimenta nos seus días de apertura.

A oferta ten un prezo mínimo de 90 euros con un prazo de autorización de seis meses.

Para máis información sobre as condicións de participación, prazos e documentación pódese contactar co Concello de Cospeito a través do 982 520 001 ou no email concellodecospeito@concellodecospeito.es. O prazo máximo de entrega de solicitudes é o 1 de marzo.