Skip to main content
Cospeito

Remata a restauración da figura do Sagrado Corazón de Muimenta

Por 24 Febreiro, 2024Febreiro 25th, 2024Sin comentarios

A comisión das festas de Muimenta 2023 informou xa rematou outra das accións que prometera realizar ao rematar as festas cos cartos sobrantes da celebración.

Este ano a comisión obtivo un balance positivo nas contas desta celebración polo que cos cartos sobrantes do recadado para as patronais foron destinados a outras accións.

Así, comezouse coa organización duns Cantos de Taberna, que tiveron lugar no mes de novembro.

Ademais, en colaboración coa actual directiva da Asociación Cultural e Veciñal Aquilino Iglesia Alvariño remodelouse o tellado do Caseto do Río. O colectivo presentou un orzamento para a súa reparación, e a comisión decidiu aceptalo e asumir o custe completo do mesmo.

Por último e seguindo a idea orixinal da comisión, procedeuse á restauración da imaxe do Sagrado Corazón, que alberga a parroquia. Para iso, iniciaron os contactos co propio párroco de Muimenta e cunha restauradora. Aceptaron o orzamento, e logo do proceso de redacción de memoria e solicitude dos correspondentes permisos a presentar ante Patrimonio, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o propio Bispado de Mondoñedo-Ferrol, comezouse co traballo. Queda aínda unha figura, a dos Milagros, por arranxar para completar o traballo.