Skip to main content
Cospeito

Pino rendeu homenaxe a Rosalía cun ‘Enmarcado poético’

Por 26 Febreiro, 2024Sin comentarios

O colectivo de San Martiño de Pino celebrou o Día de Rosalía xunto á entrega de premios do concurso de caligramas, un acto dirixido por Inés Lozano, presidenta da entidade organizadora, que se desenvolveu na biblioteca rural.

O acto comezou coa lectura do manifesto da AELG a cargo de Martiño Maseda para, a continuación, facer a entrega de premios do Certame. Ao finalizar, fíxose unha lectura breve e unha análise dos caligramas.

Na sesión rendeuse unha homenaxe á figura de Rosalía de Castro coa actividade Enmarcando a Rosalía, que contou coa lectura de versos nun enmarcado poético.

Remataron a sesión coa interpretación musical a cargo de Avelino Roca co grupo de música de nenos e nenas de pino, que puxeron música a un poema de Rosalía.