Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol participa nun programa de intercambio de formación de adultos con Italia e Coruña

Por 27 Febreiro, 2024Sin comentarios

Alumnos e profesores dos dou centros educativos visitarán o concello para coñecer a contorna rural como un exemplo de desenvolvemento empresarial sostible.

O Instituto d’Instruccione Superiore Merendino (Capo D’Orlando, Italia), o Colexio Liceo La Paz e o Concello de Friol acaban de comezar unha colaboración innovadora coa que buscan crear unha experiencia educativa á vez que inmersiva para os estudantes de Formación Profesional do Instituto Italiano. Esta iniciativa ten como obxectivo principal a inclusión laboral de adultos entre 40 e 50 anos que buscan reintegrarse ao sistema educativo.

Durante a pasada semana, a directora Técnica, a subdirectora e a directora Financeira do Instituto d’Instruccione Superiore Merendino visitaron o CPR Liceo La Paz para levar a cabo unha visita preparatoria, no marco dun proxecto de mobilidade Erasmus+. Ademais de coñecer de primeira man o centro educativo, durante a súa estancia, tamén foron recibidas por figuras locais do Concello de Friol, incluíndo a María Ángeles Buján Burgo, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Friol; Lorena López, xerente do GDR 4 Comarca de Lugo; Isabelle Gómez, CEO de Tralo Agro; Nerea Cobas Loureiro, encargada de Administración da Queixería Casa Zolle; e Isabel Fernández Penas, axudante de Panadería en Panadería Suso. Destacando así o papel crucial da muller na contorna rural e nos sectores empresariais do Concello de Friol.

O impulso inicial para este proxecto xurdiu cando Ramón Villa Menéndez de Language Kingdom púxose en contacto coas Coordinadoras de Proxectos Internacionais do CPR Liceo La Paz da Coruña, Alexandra Pouse Moura e Jennifer Meléndez Loces, para establecer a ligazón entre o centro italiano e o centro galego. Posteriormente, foi desde a coordinación internacional do Liceo, decidiuse estreitar os lazos co Concello de Friol e presentar ao Instituto d’Instruccione Superiore Merendino como un centro educativo de referencia para as empresas locais.

No referente a Erasmus+, este proxecto inclúe dous tipos de mobilidades: a mobilidade de alumnado de Formación Profesional de Grao Medio (VET), que ofrecerá ao alumnado italiano visitante formación en competencias lingüísticas e competencia dixital no Colexio Liceo La Paz, e a mobilidade de profesorado para a realización dun curso de formación en lingua inglesa C1 impartido á súa vez pola escola de Idiomas ESID Liceo La Paz. Ademais, co obxectivo de ofrecer unha experiencia aínda máis enriquecedora ao alumnado visitante, desde a Coordinación de Proxectos Internacionais do Colexio Liceo A Paz acordouse organizar visitas formativas ás empresas do Concello de Friol coa intención de destacar a contorna rural galego como un exemplo de desenvolvemento empresarial sostible e un próspero destino Erasmus.

Esta primeira visita preparatoria culminará coa mobilidade de 10 alumnos e dous profesores do Instituto d’Instruccione Superiore Merendino no mes de abril. Espérase que este intercambio educativo proporcione unha experiencia enriquecedora e contribúa ao obxectivo de inclusión laboral e educativa para todos os participantes, así como a unha próspera colaboración entre as organizacións participantes.