Skip to main content
Guitiriz

Os Vilares vivirá o seu Entroido este domingo pola tarde

Por 7 Febreiro, 2024Sin comentarios

Os Vilares vivirá o Entroido este domingo, día 10 de febreiro, a partir das 16.30 horas. A sesión dará comezo coa concentración dos participantes na escola da Conchada.

Dende aí percorrerán toda a localidade e desprazaranse ás distintas aldeas dos Vilares para rematar, ás 20.00 horas, de novo na Conchada, onde realizarán unha chocolate de balde e degustación de produtos típicos de Entroido. Ademais, está previsto o sorteo do Goxo e agasallos para todos os que acudan disfrazados.

A sesión está organizada pola asociación veciñal dos Vilares en colaboración co Concello de Guitiriz.