Skip to main content
Guitiriz

Continúan o domingo as rutas Btteando por Guitiriz

Por 14 Febreiro, 2024Sin comentarios

BTTeiros Cova da Serpe e o Concello de Guitiriz continúan este domingo coa nova edición do programa BTTeando por Guitiriz, a sexta, unha iniciativa que integra unha serie de rutas en bici abertas para todos os públicos.

En todas se disporá dun itinerario alternativo para os nenos e nenas a partir dos sete anos que queiran participar, os cales deberán ir acompañados por unha persoa adulta.

Logo de percorrer as bidueiras en San Breixo visitarán este domingo as Canteiras de Miraz, en Friol. A saída será ás 10.00 horas desde a praza de Miraz para pedalear pola contorna das suas canteiras e disfrutar dalgún tramo do Camiño de Santiago. A ruta terá unha duración de 4 horas.

Seguirán en marzo co balneario de Guitiriz e en abril a ruta dos Muíños. Rematarán en maio coa Ruta da Pedra Díaz Castro nos Vilares.

En outubro volverán con Bascuas e o Camiño Real por San Salvador e a do pantano de San Xoán en novembre. Está previsto rematar o día 29 de decembro coa Ruta de Fin de Ano, con saída e chegada á praza do Campo da Feira de Guitiriz.

É obrigatorio o uso de casco e levar unha peza de froita (aconsellable plátano) e auga. Pode haber algún cambio nas datas debido ao mal tempo ou algunha outra causa xustificada, casos nos que se avisaría coa maior antelación posible.

Todas as persoas interesadas poden inscribirse no concello ou a través do Club Btteiros Cova da Serpe ata o xoves antes de cada ruta.