Skip to main content
Guitiriz

O Parga Rock celebrarase este ano os días 6 e 7 de setembro

Por 17 Febreiro, 2024Febreiro 18th, 2024Sin comentarios

A organización do Parga Rock xa deu a coñecer as datas nas que se celebrará o próximo festival musical, nesta parroquia de Guitiriz.

Será por tanto a fin de semana do 6 e 7 de setembro deste ano na que será a súa edición número VII.

O festival de música rock e metal será novamente de entrada gratuíta e levarase a cabo na Carballeira de Parga con sesión vermú e unha representación dos grupos punteiros neste tipo de música.

A organización non tardará en comunicar as primeiras confirmacións de grupos asistentes.