Skip to main content
Guitiriz

Recomendan non consumir auga dunha fonte de Parga por unha vertedura

Por 28 Febreiro, 2024Sin comentarios

O colectivo A Feira de Parga recomenda non consumir auga da Fonte de San Xosé, anexa á capela do mesmo nome e ao centro de saúde, debido á existencia dunha vertedura de gasóleo, que podería afectar á súa potabilidade.

Foron os propios veciños e usuarios da fonte os que detectaron manchas e olor na auga recollida da fonte polo que a directiva da Feira advertiron ao Concello para que realizara as pertinentes análises.

Tamén se colocou un cartel na fonte advertindo de que non se podía consumir, cartel que foi retirado por algún veciño e que tiveron que substituír.

Recoméndase polo tanto non consumir mentres non se coñezan os resultados aínda que esperan que se limpe rápido debido á gran cantidade de auga que baixa estes días polas choivas.