Skip to main content
Meira

Meira incorpora aos mecos ao seu programa de Entroido

Por 2 Febreiro, 2024Sin comentarios

Meira vivirá o Entroido desde esta noite, na gran Verbena das Candeas e do Baile do Farolillo, que se estrea despois de varios anos sen celebrarase. E tamén regresará o costume dos mecos.

O domingo día 4 hai feira en Meira e despois desta, pola tarde, sairán á rúa os mecos ou espantallos que se foron elaborando por parte das asociacións, colectivos e veciñanza.

Estes mecos estarán expostos na rúa ata rematado o Entroido, o mércores de cinza, día 14 de febreiro. Durante esta semana vanse facer públicos os Mandados do Meco, que é quen manda no Entroido. El dirá como deben vestirse a semana previa ao Entroido. Estas comunicacións sairán na web do Concello, na páxina de Facebook da Oficina de Turismo e no Taboleiro de Anuncios do Concello (a carón da Casa de Cortón, onda a Praza Maior).

Tradicionalmente, o meco representa a un personaxe público, normalmente vinculado ao mundo da política ou a igrexa e en moitas ocasións transformado nun porco con forma humana. Cos mecos búscase denunciar certas situacións que perturban a unha localidade. Desde fai séculos o meco caracteriza o Entroido galego en numerosas cidades como Vigo ou Santiago.