Skip to main content
Meira

Meira desfrutou da tradicional Verbena das Candeas

Por 3 Febreiro, 2024Sin comentarios

Meira volveu contar este ano coa Verbena das Candeas, unha celebración de moito arraigamento na vila, que levaba sen celebrarse máis de dez anos na súa totalidade.

Así, ás 13.00 horas tivo lugar a misa de Candeas na igrexa de Meira, seguida da bendición e a procesión. Este oficio ten unha fonda tradición, que congrega todos os anos centos de persoas. O oficio conclúe co sorteo de roscas de Candeas e a posterior degustación.

Foron os actos da noite os que se recuperen en todo o seu esplendor. A partir das 21:00 horas comezou a verbena, co grupo Los Adrianos, e o reparto de rosca de Candeas con chocolate de balde.

Para amenizar a festa houbo inchables para a rapazada, sorteos e premios.

E non podía rematar esta xornada sen o Baile do Farolillo. Este consistu en executar un baile en parella e rematalo co farol aceso. A norma principal é que non vale apagar os farois dos demais.

Esta sesión, que pretende recuperar unhas das festas tradicionais máis vistosas da vila, estaba organizada polo Concello xunto ás asociacións de Meira.