Skip to main content
Meira

Meira acolleu a presentación do ‘Romanceiro do Pedregal de Irimia’

Por 16 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Casa do Concello de Meira acolleu a presentación do Romanceiro do Pedregal de Irimia, de Xosé Otero Canto, e ilustrada por Anxo Grande Penela, ante medio cento de persoas, que acudiron á convocatoria e puideron escoitar os versos na voz do seu autor e acompañamento musical de Son Galego do que forma parte o ilustrador da obra.

Este libro que romancea as lendas coñecidas e outras menos populares sobre o nacemento do Miño no Pedregal de Irimia, con limiar de Felipe-Senén López Gómez e coidada maquetación e ilustración de Anxo Grande Penela, poderá ser adquirido contactando coa Asociación Xermolos, a Irmandade Manuel María ou na Oficina de Turismo de Meira.

A obra foi editada pola Asociación Xermolos, a Irmandade Manuel María e o Concello de Meira.