Skip to main content
Meira

Sonia Villapol impartiu unha conferencia telemática aos rapaces do IES de Meira

Por 23 Febreiro, 2024Sin comentarios

O alumnado de ciencias de 4º da ESO e de Bacharelato do IES Pedregal de Irimia de Meira participou nun encontro telemático coa científica Sonia Villapol. Esta actividade englógase dentro do programa de mentorado Latexos pola Ciencia.

Na primeira parte da reunión, a investigadora impartiu unha conferencia sobre unha das liñas de investigación do seu laboratorio, a microbiota intestinal e como se relaciona coas enfermidades neurolóxicas, entre elas a covid, tras a que o alumando formulou unha serie de preguntas.

Posteriormente, a súa filla, unha rapaza de 14 anos, explicou como é o seu instituto en Houston e as clases que ten, co obxectivo de dar unha idea da realidade do ensino nesta cidade, lonxe do que reflicten as películas.

Para concluír, tivo lugar o seminario: Que carreira elixir ó rematar o instituto?