Skip to main content
Muras

Impartirá en abril en Muras un curso sobre benestar animal

Por 25 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Muras acollerá o vindeiro mes de abril un curso sobre benestar animal, organizado pola asociación Atila, Amigos dos Cabalos.

Así, esta formación, que se levará a cabo as fins de semana, ten como obxectivo ofrecer aos alumnos os coñecementos necesarios neste eido para que poidan desenvolver debidamente todas as tarefas relacionadas coa materia. Será os días 20, 21, 27 e 28 de abril en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Unha vez rematada a formación realizarase un exame en Ribadeo, o 29 de abril, no IES Pedro Murias.

Os interesados en participar nesta acción formativa poden poñerse en contacto coa directiva do club no teléfono 667 609 990 ou no correo atilamuras@gmail.com.