Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba renova a vía que une varios barrios en Oleiros

Por 1 Febreiro, 2024Sin comentarios

O tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais do Concello de Vilalba, Modesto Renda, anunciou a mellora e rexeneración integral dunha nova vía na parroquia de Oleiros.

Concretamente, os traballos realizáronse na vía que une os barrios de Gardamil, Cabanas e Liñares e estes financiáronse con cargo ó “Plan de Mellora de Camiños Municipais”

“Estamos a falar dunha vía de máis de 5 quilómetros de lonxitude, que permitirá aos veciños e veciñas de Oleiros mellorar as súas conexións e que se vai completar con máis e novas actuacións en diferentes barrios da contorna”, explicou Renda.