Skip to main content
Vilalba

O Vilalbés organiza o día 12 a súa festa de Entroido

Por 6 Febreiro, 2024Sin comentarios

O RC Vilalbés celebrará, como todos os anos, unha festa de Entroido, que terá lugar o luns 12 de febreiro, con sesión para pequenos e para adultos.

A sesión dará comezo ás 17.00 horas no salón do Restaurante Montero con baile infantil ata as 20.30 horas con sorteo de agasallos entre os asistentes.

Ese mesmo día, a partir das 22.00 horas está previsto o baile de adultos, sempre que se acaden os cen asistentes, que se celebrará restaurante Montero amenizado por un DJ.

Sortearase entre os asistentes tres ceas para dúas persoas, unha no Cristo de Goiriz, unha nos Píos e outra no Montero. Ademais tamén haberá sorteo para os socios dun fin de semana nun balneario para dúas persoas, a cargo de Zafiro Tours. O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de febreiro, nas oficinas do club.