Skip to main content
Vilalba

Vilapedre celebrará o sábado a Festa do Entroido

Por 13 Febreiro, 2024Sin comentarios

A localidade vilalbesa de Vilapedre celebra o próximo sábado, 17 de febreiro, a súa festa de Entroido, na casa escola a partir das 21.00 horas.

Esta consistirá nunha cea a base sopa de cocido, cocido completo, filloas e doces típicos, viño, refresco, café, chupito, chocolate e bizcoito que terá un prezo de 30 euros para público en xeral e de 20 para socios. Os menores de 12 anos pagarán 15 euros e o menú será de cocido e macarróns á boloñesa.

Durante a noite haberá concurso de disfraces con premios e a sesión musical estará a cargo de Eventec Disco Móvil.

As persoas interesadas en asistir deberán anotarse antes do 12 de febreiro cos membros da asociación de veciños.