Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Kevin Cuba fíxose co bronce no campionato de loitas olímpicas de Pontevedra

Por 5 Febreiro, 2024Sin comentarios

Os deportistas vilalbeses Kevin Cuba e Xiao Xeoane participaron esta fin de semana nos campionatos galegos de loitas olímpicas U20 que tiveron lugar este sábado no Pavillon do CGTD de Pontevedra. Nesta proba Kevin acadou o Bronce en menos de 125 kg mentres que Xiao quedou quinto en menos de 65 kg.

Este sábado tamén se celebrou a categoría de U15 pero o club vilalbés non levou ningún deportista nesta categoría.

A próximas citas serán os campionatos galegos U13 e U17 que se celebrarán en Lugo o próximo 17 de febreiro e nas que o Club de Loitas Olímpicas Vilalba levará varios deportistas nas diferentes categorías.