Skip to main content
Vilalba

Renda anuncia a rexeneración e mellora dun vial entre Distriz, Tardade e Codesido

Por 10 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Vilalba rexenera e mellora o vial que une Codesido, Tardade e Distriz. O tenente de alcalde Modesto Renda contrastou coa veciñanza das tres parroquias o resultado dunha das actuacións máis demandas dende o inicio desta lexislatura.

A obra, que chegou aos dous quilómetros e medio de ámbito de actuación, realizouse ao longo desta última semana e o seu custo ascendeu ós 44.977 euros procedentes na súa totalidade de fondos propios municipais.