Skip to main content
Vilalba

O Iescha abre o martes unha exposición sobre o conflito de Palestina na casa da cultura

Por 11 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos organiza na casa da cultura de Vilalba a exposición Voces palestinas que contan, montada pola Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Basanta Silva.

Permanecerá aberta ao público dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024.

A exposición pretende ser un achegamento ao conflito dende a poesía e a historia a partir de lecturas e textos que nos axudarán a ir entendendo un pouquiño mellor o que, dende décadas, está a acontecer en Oriente Medio.