Skip to main content
Vilalba

Empezan as obras na estrada entre Gondaísque e Distriz

Por 14 Febreiro, 2024Sin comentarios

O tenente de alcalde vilalbés Modesto Renda anunciou unha nova mellora na rede viaria, desta volta no vial que une as localidades de Gondaísque e Distriz.

A obra está financiada ao 100% con fondos municipais, o custe total da actuación alcanzou os 31.138 euros e á necesaria limpeza de cunetas, seguiulle o reforzo da base do firme, a pavimentación mediante dobre rega asfáltica e a sinalización vertical.