Skip to main content
Vilalba

Vilalba repartiu os premios do Entroido

Por 15 Febreiro, 2024Sin comentarios

Vilalba pechou o Entroido co enterro da sardiña e tamén facendo pública a lista de gañadores do concruso de Entroido no que houbo premios para todas as categorías e unha gran participación, animada polo tempo.

A sesión estivo marcada polo desfile de disfraces, que rematou co concurso. Na categoría individual infantil venceu La reina de la naturaleza, seguida e Triceraptops e Pequeno Ioda.

En individual adulto os premios foron para Dark Cristal e O mundo de Yayo Kusama. Tamén houbo premios para parellas ou tríos con O cocido de Angustias e Marcelino, Entre burbullas e As abellas do tío Abel.

Ademais, na categoría de grupos venceu Soñando coa rata Pérez, seguido de Orquesta Vaia Panorama e Camila, Antón e a feliz idade. En comparsas gañou Os edro e a cor da escuridade, ademais de Os máis limpos da Chaira, Tribunetes, Habelas hainas e Na eira e na lareira do CEIP Monseivane.

Ademais destes premios, as comparsas Os edro e a cor da escuridade e Na eira e na lareira do CEIP Monseivane recibiron os premios á máis orixinal e máis simpática respectivamente, e as demais participantes que non acadaron galardóns outorgóullese un accésit de 100 euros.