Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

A loita vilalbesa acada cinco ouros e catro bronces nos campionatos galegos de Lugo

Por 19 Febreiro, 2024Febreiro 20th, 2024Sin comentarios

O Pazo Provincial dos Deportes de Lugo acolleu os Campionatos Galegos das categorías U13 e U17 nos que o Club de Loitas Olímpicas Vilalba alzouse co primeiro posto por equipos na categoría U13 ao acadar 3 ouros e 3 bronces en loita feminina e 2 ouros e 1 bronce loita masculina.

Os ouros en loita feminina foron para Alejandra Valle en menos de 45 kg, África Montenegro en menos de 60 kg e Jimena García en menos de 65 kg. Os bronces foron para Noela González en menos de 60 kg e Noelia Vilasuso en menos de 65 kg.

En loita femina tamén participaron Lara Fernández en menos de 40 kg e Carmen Paredes en menos de 65 kg.

Os ouros en loita masculina foron para Héctor Somoza en menos de 50 kg e Enrique Seoane en menos de 65 kg, mentres que Omar Guerreiro fíxose co bronce en menos de 35 kg.

En maculino U13 tamén participaron Lucas García e Marco Gaute en menos de 40 kg, Antón González e Xavi Yañez en menos de 45 kg.

Bruno Pintos que loitou polo Lugo acadou o bronce en menos de 45 kg.

Todos os deportistas tiveron un gran desempeño tendo en conta que era a primeira competición dos U13 co regulamento oficial, pero os resultados femininos teñen un sabor especial por seren os primeiros podios en loita feminina na historia do club vilalbés.

Na categoría U17 tiveron a representación de Kevin Cuba, que dominou a categoría facéndose co ouro en menos de 92 kg.

As próximas citas, xa no mes marzo, serán os campionatos de España das categorías cadete e júnior nas que participará Kevin así como o inicio das Xornadas de Deporte Base nas que o club presentará un equipo mixto de nenas e nenos.