Skip to main content
Vilalba

Rexeneran a vía de acceso ao barrio de Pedras, en Corvelle

Por 22 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Vilalba rexenera e mellora o vial de acceso ao núcleo de Pedras, en Corvelle.

Así o anunciou o tenente de alcalde Modesto Renda, quen contrastou coa veciñanza do barrio o resultado dunha actuación que ascendeu ós 20.904 euros e que se complementou coa mellora dos tramos en peor estado das vías que unen esta parroquia coa de Samarugo.