Skip to main content
Vilalba

O CEIP Insua Bermúdez celebra unha xornada de portas abertas

Por 23 Febreiro, 2024Sin comentarios

O CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba celebrará o martes 27 de febreiro unha xornada de portas abertas antes de que se inicie o ciclo de matriculación para o novo curso escolar que comezará en setembro.

A sesión terá lugar ás 15.45 horas e consistirá nunha visita ao centro acompañados de persoal do centro, quen tamén se encargará de presentar o seu proxecto educativo.