Skip to main content
Vilalba

Reabre a biblioteca de Vilalba nun acto con actuacións musicais e entrega de premios

Por 27 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Biblioteca Municipal volve abrir as súas portas o este mércores, 28 de febreiro. E para animar a súa reapertura peparouse unha programación musical e cultural que dará comezo ás 10:45 coa primeira actuación da man do Club de Regueifa do Basant”, ademais o Centro Ocupacional visitará as instalacións e así poderá comprobar o resultado final dos elementos decorativos que eles mesmos elaboraron para a Biblioteca Municipal.

Ás 17:00 será a quenda da agrupación de cantareiras e pandeireteiras chairegas Lambe Lambe e ás 18:00 procederase á entrega de premios do Reto Lector 2023 e presentarase o Reto Lector 2024.

Para rematar, ás 18:30 presentarase o novo club de lectura da Biblioteca Municipal.

CASA DA CULTURA

Por outra banda, lémbrase que a casa da cultura vilalbesa permanecerá pechada ata o venres 1 de marzo debido á descanso do persoal.