Skip to main content
Vilalba

A Esmuvi ofrece este venres e o sábado tres concertos do alumnado

Por 29 Febreiro, 2024Sin comentarios

Nos vindeiros días a Escola de Música de Vilalba, Esmuvi, ofrecerá no Auditorio Municipal os primeiros recitais do alumnado deste curso 2023-2024.

O primeiro terá lugar este venres, ás 20.30 horas e estará a cargo dos alumnos de piano, clarinete, vento metal, percusión e guitarra. O sábado, nesta ocasión ás 18.30 horas, actuarán os de iniciación, frauta e guitarra. E pecharán ese mesmo día, ás 20.30 horas, cos de minicoro, clariente, saxofón e guitarra,.

As entradas están á venda nesta ligazón.

“Coma sempre, desde Esmuvi Vilalba queremos agradecer o traballo e o apoio de toda a comunidade que conforma a nosa escola (profesorado, alumnado, familias e resto de persoas colaboradoras), así como o das institucións que nos axudan a seguir adiante, nomeadamente o Concello de Vilalba e a Deputación Provincial de Lugo”, indican os organizadores.