Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

Alfonso Villares resaltou o papel das peixerías na promoción do consumo de peixe e marisco

Por 12 Marzo, 2024Sin comentarios

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, resaltou o papel das peixerías e os profesionais que as rexentan na promoción do consumo de peixe e marisco e na difusión da súa calidade, propiedades nutricionais e beneficios para a saúde do seu consumo. O titular de Mar realizou estas manifestacións acompañado pola xefa territorial de Mar, Mariña Gueimunde, e polo alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero, durante unha visita a unha peixería deste municipio lucense para trasladar a campaña posta en marcha polo Goberno autonómico Amar Galicia. Esta iniciativa ten como obxectivos promover a confianza na calidade dos produtos do mar, resaltar a súa variedade e promover o seu consumo entre a cidadanía como parte esencial da dieta atlántica, sinónimo de alimentos nutritivos, saborosos e saudables.

Con esta visita o responsable autonómico da continuidade a unha intensa axenda que o esta a levar por peixerías ao longo de todo o territorio galego na que tamén destacou a importancia de que o conxunto da sociedade tome conciencia da necesidade e dos beneficios que supón contar con peixe, mariscos, conservas dentro dos hábitos alimenticios. Nesa liña, animou a todos os galegos e galegas a promover no seu entorno o consumo dos produtos do mar galegos para que estes cheguen cada vez a máis bocas. Deste xeito refórzase a un sector económico que xera preto do 5% do PIB de Galicia, sendo o cuarto máis relevante. Unha actividade da que viven milleiros de familias e que se sustenta sobre a confianza na calidade destes alimentos, sobre a variedade e o sabor inigualable que ofrecen peixerías e mercados.