Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

Galicia participar nun foro de innovación aberta e dixitalización aplicada á cadea agrolimentaria do mar

Por 18 Marzo, 2024Sin comentarios

Galicia quere dar o salto a unha transición xusta, resiliente e sustentable na que o sector mar-industria amose todos os avances desde a extracción, a produción e a transformación e probe que é cabeza tractora de evolucións tecnolóxicas presentes na economía azul que defende a UE, como a dixitalización, a biotecnoloxía ou a construción naval.

Así o defendeu o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, no foro Startup Europe Smart AgriFood Summit que se celebrou en Sevilla e representa a maior concentración europea de innovación aberta e dixitalización aplicada á cadea agrolimentaria.

O representante da Xunta sinalou que hai que aprender a comunicar esa importante aportación de Galicia con moitísima máis potencia e de forma coordinada. Na mesa redonda participaron representantes da Federación Nacional de Confrarías e empresas galegas como Nueva Pescanova, Wofco ou Nauterra.