Skip to main content
BurelaComarca AMARIÑAXA

Burela acolleu as primeiras xornadas de formación en Xeoturismo para turismo activo

Por 2 Marzo, 2024Sin comentarios

Burela acolleu as primeiras xornadas de formación en Xeoturismo para guías e empresas de turismo activo. Esta foron organizadas polo Concello en colaboración coa Mancomunidade de Concellos da Mariña dentro do seu Plan de Sostibilidade Turística e nas que participaron 21 profesionais.

“Os asistentes abordaron contidos de interese para comprender os procesos xeolóxicos e as principais manifestacións xeolóxicas que atopamos na Mariña, para así poder ser quen de interpretalas e dalas a coñecer aos visitantes dun xeito sinxelo, ameno e entretido. Entre os temas tratados figuraron unha introdución ao turismo xeolóxico, ao perfil deste tipo de turista, ao patrimonio xeolóxico da Mariña, á comercialización de produto xeoturístico ou á interpretación da paisaxe xeolóxica, entre outras”, segundo explicou a xerente do Plan de Sostibilidade Turística da Mancomunidade, Tania Hermida.

Desde a Mancomunidade avanzaron que durante o mes de marzo, o día 13 terá lugar a formación para anfitrións e xestores de turismo da Mariña da que se ampliarán detalles nos vindeiros días.

“Quero agradecer que estas xornadas se fixeran en Burela, lugar de interese xeolóxico a nivel internacional; nas sesións, os asistentes abordaron contidos de interese para comprender os procesos xeolóxicos e as principais manifestacións xeolóxicas que atopamos na Mariña, para así poder interpretalas e dalas a coñecer aos visitantes dun xeito sinxelo, ameno e entretido”, asegurou a alcaldesa de Burela, Carmela López.