Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

El Combo Dominicano será o cabeza de cartel do I Festival do Guioncho de Cervo

Por 10 Marzo, 2024Marzo 11th, 2024Sin comentarios

O I Festival do Guioncho, organizado pola A.C. Comisión de Festas de Lieiro celébrase o vindeiro o 13 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos e desde o Concello de Cervo animan á veciñanza a participar.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e por unha representación da asociación que se encarga do evento, que terá como cabeza de cartel a El Combo Dominicano, acompañado pola orquestra Waykas.

A entrada anticipada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese mesmo día en taquilla a partir das 18.00 horas. Haberá tamén servizo de autobuses con saída ás 22.00 horas desde Viveiro e Burela.