Skip to main content
Axenda AMARIÑAXAFozMar AMARIÑAXA

As V Xornadas de pesca con reclamos da Ribeira de Foz serán o 20 de abril

Por 25 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

A V edición das xornadas de pesca con reclamos que organiza a asociación A Ribeira de Foz será o 20 de abril e contarán con charlas sobre técnicas, materiais e probas prácticas.

Este evento, que está aberto a todo o público e é gratuíto, arrincará o programa ás 11.00 horas con Dentex y Lubina, técnicas e microjigging. Ás 12.00 será a quenda de 15 Años pescando con vinilos. El hoy y el ayer de los señuelos blando.

Ás 13.30 chegará o remata das xornadas e acto seguido será o xantar de confraternización ao que haberá que anotarse. A organización lembra que ao remate da demostración haberá sorteos de material.

Para más información haberá que chamar ao 639 282 158 ou 626 309 804.