Skip to main content
Ribadeo

Rinlo celebra unha festa dedicada ao mexillón o 29 de marzo

Por 10 Marzo, 2024Marzo 11th, 2024Sin comentarios

A parroquia de Rinlo celebrará unha festa dedicada ao mexillón o 29 de marzo, día de Venres Santo. Esta cita gastronómica, organizada pola asociación de veciños O Cantal na praza de San Pedro, empezará ás 12.30 horas e contará coas actuacións do DJ Alejandro Martínez e do cuarteto tradicional Illa Pancha.

A asociación de veciños O Cantal anuncia: “o reloxo Canseco está en conta regresiva para a gran festa gastronómica de exaltación do mexillón que imos a celebrar no noso fermoso pobo mariñeiro de Rinlo o día 29 de marzo (Venres Santo) a partir das 12:30 horas na nosa praza de San Pedro”.